Becas 2016

Xa estamos deseñando as axudas para o aloxamento en Arosa do curso 2016-2017 , avanzamos esta boa noticia da Xunta que amplía as axudas a estudnates de 2º curso en adiante:

A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso académico 2015/16 dos alumnos e alumnas de segundo e posteriores cursos matriculados en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nunha universidade do Sistema universitario de Galicia.

Requisitos:
1. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
2. Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2015/16 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, agás o alumnado a que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado de 45 créditos como mínimo.
3. Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso 2013/14 ou no curso 2014/15 e non tela obtido no curso 2015/16.
4. Ter superado no curso 2014/15 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:
• En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.
• En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.
5. Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula.
6. Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
– Familias de 1 membro: 14.112 €
– Familias de 2 membros: 24.089 €
– Familias de 3 membros: 32.697 €
– Familias de 4 membros: 38.831 €
– Familias de 5 membros: 43.402 €
– Familias de 6 membros: 46.853 €
– Familias de 7 membros: 50.267 €
– Familias de 8 membros: 53.665 €

Contía da axuda:
A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas, que será dun máximo de 862,9 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e dun máximo de 618,1 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 15 de febreiro de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED441D
Máis información no DOG do 15 de xaneiro de 2016 e en www.edu.xunta.es e no correo orientacion.sug@edu.xunta.es